viernes, 26 de mayo de 2017

Benvida. Que son as fobias?

Ola! Benvidos ao noso blog, formado por catro estudantes de 3º de ESO no que falaremos dalgunhas fobias que nos pareceron interesantes e que pensamos que deberiades de ver. Agora contarémosvos que son as fobias.
Unha fobia é un temor intenso e irracional, de carácter enfermizo, a  unha persoa, unha cousa ou unha situación.
Unha fobia é moito máis grave ca un simple medo. Quen a padece fai todo o posible para evitar todo aquilo que pode desencadear a súa ansiedade.
Hai dous categorías principais de fobias:
-Fobias específicas. Implican un medo desproporcionado sobre unha situación ou cousas específicas.
-Fobias complexas.Están vinculadas a un temor ou ansiedade acerca de certas situacións, incidentes ou circunstancias, o que as fan moito máis difíciles cas fobias simples ou específicas.

Somnofobia


Esta fobia trata do medo a durmir, a causa principal desta fobia ten que ver cunha ansiedad previa ao acto de irse a durmir. O orixe desta fobia debese ao insomnio.
As persoas que padecen esta fobia, teñen medo a durmir por sufrir pesadillas durante o soño e ter malas experiencias a  hora de durmir; pensan que lles pode ocurrir algo malo mentres dormen o incluso que non cheguen a despertarse nunca, producíndolles esta sensación dun inmenso temor.

Filofobia

A filofobia é o medo a namorarse ou a entrar nunha relación romántica. Pero, en casos máis agudos pode abarcar ata o medo de sentir amor de familiares ou amigos.
Pode sentir ansiedade ou nerviosismo. Incluso pode chegar a ter síntomas físicos coma:
-Sudoración.
-Latidos rápidos ou irregulares.
-Tremores.
-Mareos.
-Náuseas.
-Sequedade de boca.
-Llantos.
-Ataques de pánico.

O temor é tan intenso que pon en marcha varios mecanismos de defensa. Un mecanismo de defensa moi común para as persoas que sofren filofobia é buscarlle defectos á parella. Logo usan os supostos defectos coma xustificación para non profundizar os sentimentos.
Moitos filofóbicos tamén se encaprichan con obter relacións inalcanzables, así non teñen que enfrontarse ao seu problema coa intimidade, se non que tratan de convencerse a sí mesmos de que si poden amar, pero que o seu amor é imposíbel.
Outros provocan disputas para que a súa parella termine a relación.
Ou cando senten que a relación vai pasar a unha etapa máis seria, deixan de visitar á súa parella, eluden as súas chamadas e inventan pretextos para non verse con el ou ela.

Existen varias terapias para combater esta fobia:

Terapia de desensibilización, terapia de cognitivo-conductual, a terapia cognitivooconductual, a hipnoterapia, a programación neurolingüística e os medicamentos antidepresivos.

Filemafobia

A filemafobia tamén coñecido coma fimelatofobia, é a fobia aos bicos. O medo extremo a bicar pode desenvolverse naquelas persoas que pensan que non bican ben e teñen medo a facelo por o que os demais poden chegar a pensar deles. Isto lles causa ansiedade e malestar e por iso evitan este tipo de situacións.
A fobia aos bicos pode provocar problemas serios nas relacións interpersoais. Este trastorno fóbico pode formar parte da erotofobia ou fobia ao sexo.
A fobia aos bicos presenta a mesma sintomatología que outras fobias, o único que cambia é o estímulo que provoca a reacción. É dicir, que o que causa malestar e ansiedade son
os bicos. A ansiedade, polo tanto, é o síntoma característico, e por iso pertence ao grupo dos trastornos de ansiedade. Sen embargo, a sintomatología tamén inclúe:


  • Síntomas físicos: sudoración, hiperventilación e falta de aire, aceleración do latido do corazón, tremores , calafríos, opresión no peito, boca seca, náuseas, mareos, dores de cabeza....
  • Síntomas psicolóxicos: pensamentos de que a persoa pode contaxiar enfermidades mortais, ou sexa, pensamentos distorsionados.
  • Síntomas conductuales: evitación da situación.

Brontofobia

É unha fobia brevemente descrita coma medo aos lóstregos e tronos, nalgúns casos medo extremo. Este tipo de fobia é a miúdo presente en nenos pequenos e animais.

Cando os lóstregos aparecen no ceo ou o son dun trono distante chega aos oídos dunha persoa afectada, a ansiedade empeza a aumentar. Nos casos leves, o individuo practica algún tipo de evasión. Nos casos máis severos, os síntomas poden incluír o estourido dun ataque de pánico, incluíndo unha sensación de perder o control da saúde mental ou un sentidoinminente de morte.
O brontofóbico tamén é probable que experimente unha sensación de sentirse moi mareado ata o punto de desmaiarse. A miúdo, o corazón empeza a palpitar rápidamente, aumentando a sensación de que o afectado está a punto de experimentar algún dolor extremo.
O uso de sedantes e medicamentos contra a ansiedade pode ser utilizado tamén como parte de tratamentos en curso.

brontofobia.jpg



Batofobia

A batofobia é o medo extremo e irracional ás profundidades, constituíndo un trastorno de ansiedade no que a persoa que a padece experimenta unhas sensacións de pánico e terror cando se expón ao seu estímulo fóbico. Se trata dun tipo de fobia específica, polo  que comparte as mesmas características que a claustrofobia, a fobia ao sangue ou as arañas.
Cando unha persoa padece batofobia encóntrase nunha situación na que non pode ver a parte inferior ou a parte do final, experimentará sensacións de angustia e ansiedade moi elevadas.
O tratamento principal para a batofobia consiste na realización de psicoterapia a través dun psicólogo experto neste tipo de trastornos.

A intervención psicolóxica que maior eficacia mostra para reverter a batofobia é o tratamento cognitivo conductual.



jueves, 25 de mayo de 2017

Coulrofobia

A coulrofobia é a fobia ou medo irracional a os paiasos e mimos.
Afecta normalmente os nenos, aunque tamén en adolescentes e, incluso, adultos.
Os que sufren esta fobia coinciden en que o que máis lles aterroriza dos paiasos é o
maquillaxe excesivo, acompañado da nariz vermella e o cor estraño do cabello.
Normalmente se adquire este medo despois de ter algunha mala experiencia.
Algúns síntomas asociados a este medo son:
  • Sensación de medo intenso
  • Temblores
  • Ansiedad
  • Taquicardia e sensación de latido irregular
  • Dificultade na respiración
Moitos optan por intentar evitar as situacións onde se atopen paiasos; tamén se suele incluir a terapia psicolóxica, que mediante a habituación, permite as persoas con fobia tomar contacto progresivamente coa causa do medo, de modo que as malas sensacións  van disminuíndo de forma gradual.
Resultado de imagen de coulrofobia