jueves, 25 de mayo de 2017

Pogonofobia

Refírese ao medo irracional, persistente e desproporcionado á barba, persoas con barba ou á lanuxe facial.
-Síntomas desta:
  • Ansiedade extrema. Medo e preocupación constantes pola posibilidade de enfrontarse á situación temida e non saber afrontala correctamente.
  • Pánico, entendido como un medo extremo ante a barba ou só ante o feito de imaxinalo.
  • Sudoración excesiva.
  • Náuseas e/ou vómitos.
  • Diarrea, problemas e dores estomacais.
  • Dificultade para respirar.
  • Dor e/ou picadas torácicas.
  • Calafríos.
  • Boca seca.
  • Pensamento, imaxes e/ou expectativas catastróficas. Estes pensamentos adoitan ir encamiñados a anticipar o fracaso se se enfrontasen ao estímulo que consideran ameazante.
  • Evitación, fuxida e/ou escape dos lugares ou situacións nos que é posible enfrontarse ao estímulo temido. Neste sentido pode resultar prexudicial para realizar unha vida normal e pode supoñer a perda de amizades e relacións sociais satisfactorias.
-Tratamento contra esta fobia:
  • Ir expoñendo de forma gradual á persoa ao estímulo que teme, neste caso a barba, ata que non lle cause ningún temor nin ansiedade.
  • Localizar no subconsciente da persoa o primeiro momento que o estímulo fóbico, neste caso a barba, provocou o medo.
  • Imaxinar a escena que provoca malestar de tal forma que se xere esa ansiedade asociada ás barbas.Unha vez que se visualizou a escena completa comeza a rebobinarla unha e outra vez ata que se superou o medo a esta realidade.
  • Por fármacos e medicamentos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario