domingo, 21 de mayo de 2017

Lixirofobia

Resultado de imagen de ligirofobia
É o medio irracional aos ruídos fortes como o estalido dun globo, fogos artificiais, foguetes ou explosións.
As persoas lixirofóbicas experimentaran un sentimento intenso cando están fronte a eses ruídos, que se pode manifestar en forma de ansiedade ou medo. Este medo aos ruídos causa malestar significativo ou deterioro en outras áreas da vida da persoa e non debe obedecer a outro trastorno mental.
-Velaquí unhas indicacións para saber se unha persoa é lixirofóbica:
  • Se o ruído forte se evita de forma activa con medo e ansiedade inmediata e intensa.
  • Se o medo ou a ansiedade que produce este ruído forte é desproporcionado á situación e ao contexto sociocultural.
  • Se a persoa trata de evitar de forma persistente aquelas situacións onde se producen os ruídos fortes.
Tamén hai determinadas estratexias para aliviar á persoa que padece esta fobia:

  • Tomar medicación ansiolítica.
  • Taparse os oídos.
  • Asegurarse de que non hai globos, petardos, etc. en calquera celebración.
  • Irse dunha situación cando perciben que pode haber un ruído, por exemplo, irse dunha festa, dunha habitación, cambiar de camiño, etc.
  • Non saír nos días que se prevé que van a haber petardos.
  • Saír nos días que se sabe que vai a haber ruído baixo algunhas condicións (evitar certas rúas onde se saiba que se concentra o ruído, planificar a hora do día á que saír, ir sempre acompañado, levar certa medicación no peto, saír soamente por zonas cualificadas como “seguras”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario