viernes, 26 de mayo de 2017

Benvida. Que son as fobias?

Ola! Benvidos ao noso blog, formado por catro estudantes de 3º de ESO no que falaremos dalgunhas fobias que nos pareceron interesantes e que pensamos que deberiades de ver. Agora contarémosvos que son as fobias.
Unha fobia é un temor intenso e irracional, de carácter enfermizo, a  unha persoa, unha cousa ou unha situación.
Unha fobia é moito máis grave ca un simple medo. Quen a padece fai todo o posible para evitar todo aquilo que pode desencadear a súa ansiedade.
Hai dous categorías principais de fobias:
-Fobias específicas. Implican un medo desproporcionado sobre unha situación ou cousas específicas.
-Fobias complexas.Están vinculadas a un temor ou ansiedade acerca de certas situacións, incidentes ou circunstancias, o que as fan moito máis difíciles cas fobias simples ou específicas.

Somnofobia


Esta fobia trata do medo a durmir, a causa principal desta fobia ten que ver cunha ansiedad previa ao acto de irse a durmir. O orixe desta fobia debese ao insomnio.
As persoas que padecen esta fobia, teñen medo a durmir por sufrir pesadillas durante o soño e ter malas experiencias a  hora de durmir; pensan que lles pode ocurrir algo malo mentres dormen o incluso que non cheguen a despertarse nunca, producíndolles esta sensación dun inmenso temor.

Filofobia

A filofobia é o medo a namorarse ou a entrar nunha relación romántica. Pero, en casos máis agudos pode abarcar ata o medo de sentir amor de familiares ou amigos.
Pode sentir ansiedade ou nerviosismo. Incluso pode chegar a ter síntomas físicos coma:
-Sudoración.
-Latidos rápidos ou irregulares.
-Tremores.
-Mareos.
-Náuseas.
-Sequedade de boca.
-Llantos.
-Ataques de pánico.

O temor é tan intenso que pon en marcha varios mecanismos de defensa. Un mecanismo de defensa moi común para as persoas que sofren filofobia é buscarlle defectos á parella. Logo usan os supostos defectos coma xustificación para non profundizar os sentimentos.
Moitos filofóbicos tamén se encaprichan con obter relacións inalcanzables, así non teñen que enfrontarse ao seu problema coa intimidade, se non que tratan de convencerse a sí mesmos de que si poden amar, pero que o seu amor é imposíbel.
Outros provocan disputas para que a súa parella termine a relación.
Ou cando senten que a relación vai pasar a unha etapa máis seria, deixan de visitar á súa parella, eluden as súas chamadas e inventan pretextos para non verse con el ou ela.

Existen varias terapias para combater esta fobia:

Terapia de desensibilización, terapia de cognitivo-conductual, a terapia cognitivooconductual, a hipnoterapia, a programación neurolingüística e os medicamentos antidepresivos.

Filemafobia

A filemafobia tamén coñecido coma fimelatofobia, é a fobia aos bicos. O medo extremo a bicar pode desenvolverse naquelas persoas que pensan que non bican ben e teñen medo a facelo por o que os demais poden chegar a pensar deles. Isto lles causa ansiedade e malestar e por iso evitan este tipo de situacións.
A fobia aos bicos pode provocar problemas serios nas relacións interpersoais. Este trastorno fóbico pode formar parte da erotofobia ou fobia ao sexo.
A fobia aos bicos presenta a mesma sintomatología que outras fobias, o único que cambia é o estímulo que provoca a reacción. É dicir, que o que causa malestar e ansiedade son
os bicos. A ansiedade, polo tanto, é o síntoma característico, e por iso pertence ao grupo dos trastornos de ansiedade. Sen embargo, a sintomatología tamén inclúe:


  • Síntomas físicos: sudoración, hiperventilación e falta de aire, aceleración do latido do corazón, tremores , calafríos, opresión no peito, boca seca, náuseas, mareos, dores de cabeza....
  • Síntomas psicolóxicos: pensamentos de que a persoa pode contaxiar enfermidades mortais, ou sexa, pensamentos distorsionados.
  • Síntomas conductuales: evitación da situación.

Brontofobia

É unha fobia brevemente descrita coma medo aos lóstregos e tronos, nalgúns casos medo extremo. Este tipo de fobia é a miúdo presente en nenos pequenos e animais.

Cando os lóstregos aparecen no ceo ou o son dun trono distante chega aos oídos dunha persoa afectada, a ansiedade empeza a aumentar. Nos casos leves, o individuo practica algún tipo de evasión. Nos casos máis severos, os síntomas poden incluír o estourido dun ataque de pánico, incluíndo unha sensación de perder o control da saúde mental ou un sentidoinminente de morte.
O brontofóbico tamén é probable que experimente unha sensación de sentirse moi mareado ata o punto de desmaiarse. A miúdo, o corazón empeza a palpitar rápidamente, aumentando a sensación de que o afectado está a punto de experimentar algún dolor extremo.
O uso de sedantes e medicamentos contra a ansiedade pode ser utilizado tamén como parte de tratamentos en curso.

brontofobia.jpg



Batofobia

A batofobia é o medo extremo e irracional ás profundidades, constituíndo un trastorno de ansiedade no que a persoa que a padece experimenta unhas sensacións de pánico e terror cando se expón ao seu estímulo fóbico. Se trata dun tipo de fobia específica, polo  que comparte as mesmas características que a claustrofobia, a fobia ao sangue ou as arañas.
Cando unha persoa padece batofobia encóntrase nunha situación na que non pode ver a parte inferior ou a parte do final, experimentará sensacións de angustia e ansiedade moi elevadas.
O tratamento principal para a batofobia consiste na realización de psicoterapia a través dun psicólogo experto neste tipo de trastornos.

A intervención psicolóxica que maior eficacia mostra para reverter a batofobia é o tratamento cognitivo conductual.



jueves, 25 de mayo de 2017

Coulrofobia

A coulrofobia é a fobia ou medo irracional a os paiasos e mimos.
Afecta normalmente os nenos, aunque tamén en adolescentes e, incluso, adultos.
Os que sufren esta fobia coinciden en que o que máis lles aterroriza dos paiasos é o
maquillaxe excesivo, acompañado da nariz vermella e o cor estraño do cabello.
Normalmente se adquire este medo despois de ter algunha mala experiencia.
Algúns síntomas asociados a este medo son:
  • Sensación de medo intenso
  • Temblores
  • Ansiedad
  • Taquicardia e sensación de latido irregular
  • Dificultade na respiración
Moitos optan por intentar evitar as situacións onde se atopen paiasos; tamén se suele incluir a terapia psicolóxica, que mediante a habituación, permite as persoas con fobia tomar contacto progresivamente coa causa do medo, de modo que as malas sensacións  van disminuíndo de forma gradual.
Resultado de imagen de coulrofobia


Anatidaefobia

É o medo irracional de que nalgún momento determinado e desde algún lugar, un pato estea a mirarche.
Resultado de imagen de anatidaefobia

Pogonofobia

Refírese ao medo irracional, persistente e desproporcionado á barba, persoas con barba ou á lanuxe facial.
-Síntomas desta:
  • Ansiedade extrema. Medo e preocupación constantes pola posibilidade de enfrontarse á situación temida e non saber afrontala correctamente.
  • Pánico, entendido como un medo extremo ante a barba ou só ante o feito de imaxinalo.
  • Sudoración excesiva.
  • Náuseas e/ou vómitos.
  • Diarrea, problemas e dores estomacais.
  • Dificultade para respirar.
  • Dor e/ou picadas torácicas.
  • Calafríos.
  • Boca seca.
  • Pensamento, imaxes e/ou expectativas catastróficas. Estes pensamentos adoitan ir encamiñados a anticipar o fracaso se se enfrontasen ao estímulo que consideran ameazante.
  • Evitación, fuxida e/ou escape dos lugares ou situacións nos que é posible enfrontarse ao estímulo temido. Neste sentido pode resultar prexudicial para realizar unha vida normal e pode supoñer a perda de amizades e relacións sociais satisfactorias.
-Tratamento contra esta fobia:
  • Ir expoñendo de forma gradual á persoa ao estímulo que teme, neste caso a barba, ata que non lle cause ningún temor nin ansiedade.
  • Localizar no subconsciente da persoa o primeiro momento que o estímulo fóbico, neste caso a barba, provocou o medo.
  • Imaxinar a escena que provoca malestar de tal forma que se xere esa ansiedade asociada ás barbas.Unha vez que se visualizou a escena completa comeza a rebobinarla unha e outra vez ata que se superou o medo a esta realidade.
  • Por fármacos e medicamentos.



Omfalofobia

É o medo extremo, irracional e incontrolable para os embigos. Estes poden ser tanto noso propio embigo como o embigo dos outros.
Esta fobia caracterízase por ser excesiva, irracional, incontrolable e permanente.
-Síntomas:
  • Aumento da frecuencia cardíaca.
  • Aumento da frecuencia respiratoria.
  • Palpitacións e / ou taquicardias.
  • Sensación de choque.
  • O aumento da tensión muscular.
  • Transpiración excesiva.
  • Dilatación pupilar.
  • Dores de estómago e / ou na cabeza.
  • Boca seca, mareos, náuseas ou vómitos.

-Tratamientos:
  • Realizar tratamentos Psicoterapéuticos, expoñendo o individuo ao elemento temido gradualmente e de forma estable.
  • Evitar lugares como praias, piscinas, etc.

Resultado de imagen de omfalofobia

Hexakosioihexekontahexafobia




É o medo persistente, indebido e irracional do número 666.
Na Biblia cristiá, especialmente no verso bíblico 13:18 no libro de Apocalipse, onde o número 666 como representante da besta indícase, polo que é asociado coa chegada de Satanás ou o Anticristo.
-Síntomas desta:
  • Ataques de pánico incontrolables seguido polo sentido típico de ansiedade en presenza do número.
  • Tamén pode nomear unha serie de síntomas como tremores, náuseas, falta de aire e irritabilidade.
-Tratamentos efectivos para esta fobia:
  • Aumentar o coñecemento sobre a historia o significado do número.
  • Falar con unha persoa con experiencia no campo e está relacionado coa igrexa pode ser moi útil.
  • Tamén pode ser tratada con medicación ou drogas medicinais.

Resultado de imagen de 666

domingo, 21 de mayo de 2017

Lupolipafobia

Esta fobia describe o medo a ser perseguido por un ou varios homes lobo arredor da mesa dunha cocina mentres se anda en calcetíns e co chan encerado. Posiblemente sexa a máis estraña de todas, aínda máis ca a anoraknofobia.
Esta fobia aparece por primeira vez no traballo de Gary Larson, The Far Side (abaixo).

Anoraknofobia e aracnofobiafobia

Anoraknofobia
Esta fobia é unha das máis raras que vamos a encontrar aquí, dado que é practicamente imposible que se de unha situación así. Defínese como o medio irracional ás arañas que usan chaqueta, ou, como o seu propio nome indica, anoraks.
O término é usado por primeira vez no libro “Anoraknofobia” de Wallace e Gromit, de Marillion.
Resultado de imagen de Anoraknofobia  Wallace y Gromit

Aracnofobiafobia
Esta palabra describe o terror acérrimo que sofren as personas que teñen medo ás persoas que sofren de aracnofobia.
Aparece no episodio 6x22 da serie “Las chicas Gilmore”.
Resultado de imagen de asustadoImagen relacionada

Papafobia

A papafobia é a sensación de medo ou temor ao papa e a todo o que ten relación con el. Esta é unha fobia específica incluída na fobia ao sagrado e a fobia aos santos (haxiofobia). Moi a miúdo este terror ao Sumo Pontífice é provocado por unha mala experiencia relacionada con el.
Para superar a papafobia, é necesario un tratamento ou un acompañamento terapéutico, para iso existen terapias psicolóxicas, técnicas de PNL (programación neurolingüística) e de coaching ontolóxico.

Lixirofobia

Resultado de imagen de ligirofobia
É o medio irracional aos ruídos fortes como o estalido dun globo, fogos artificiais, foguetes ou explosións.
As persoas lixirofóbicas experimentaran un sentimento intenso cando están fronte a eses ruídos, que se pode manifestar en forma de ansiedade ou medo. Este medo aos ruídos causa malestar significativo ou deterioro en outras áreas da vida da persoa e non debe obedecer a outro trastorno mental.
-Velaquí unhas indicacións para saber se unha persoa é lixirofóbica:
  • Se o ruído forte se evita de forma activa con medo e ansiedade inmediata e intensa.
  • Se o medo ou a ansiedade que produce este ruído forte é desproporcionado á situación e ao contexto sociocultural.
  • Se a persoa trata de evitar de forma persistente aquelas situacións onde se producen os ruídos fortes.
Tamén hai determinadas estratexias para aliviar á persoa que padece esta fobia:

  • Tomar medicación ansiolítica.
  • Taparse os oídos.
  • Asegurarse de que non hai globos, petardos, etc. en calquera celebración.
  • Irse dunha situación cando perciben que pode haber un ruído, por exemplo, irse dunha festa, dunha habitación, cambiar de camiño, etc.
  • Non saír nos días que se prevé que van a haber petardos.
  • Saír nos días que se sabe que vai a haber ruído baixo algunhas condicións (evitar certas rúas onde se saiba que se concentra o ruído, planificar a hora do día á que saír, ir sempre acompañado, levar certa medicación no peto, saír soamente por zonas cualificadas como “seguras”.